O PP de Ribeira reclama impulsar o proxecto de beirarrúas que conectan Coroso co lugar da Fenosa

19 Xuño 2025

O Partido Popular de Ribeira presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativa á praia de Coroso como punto de interese turístico ambiental. Segundo fan saber, trátase do areal urbano máis importante do concello e leva moitos anos sendo merecente do distintivo de Bandeira Azul, aínda que nos últimos anos non foi obxecto desta acreditación.

Porén, din, durante os mandatos dos populares impulsáronse “importantes iniciativas que melloraron a accesibilidade e os servizos da praia, destacando a ampliación da zona peonil e do carril bici desde o paseo do Touro, a ampliación do paseo marítimo na contorna das Carolinas chegando ata o Caramecheiro, o novo paseo marítimo que a conecta coa praia de Río Azor, o novo paseo marítimo do río Grande, os novos aseos públicos, a renovación do parque biosaudábel, a ampliación da pasarela ambiental ata os tres metros, a incorporación de máis de trescentos metros de beirarrúas desde o cámping ata a Fenosa, e a iluminación de todo o paseo marítimo”.

Sinalan que “todo o devandito provocou unha maior afluencia de visitantes e a consecución da Bandeira Azul, sen que durante os dous anos de Goberno tripartito seguiran con estas melloras, xa que non vimos ningunha iniciativa propia para mellorar a calidade da praia ou os seus servizos e accesos”.

Para os populares, “un dos proxectos máis necesarios, no que estaba a traballar o Goberno do Partido Popular, é a finalización das beirarrúas que conectan co lugar da Fenosa”. E engaden que “para poder incluír o proxecto na maioría das subvencións ou plans de obras publicas, como o POS, é necesario ter a dispoñibilidade dos terreos”. Trátase, din, “dunha cuestión na que as xestións realizadas non foron totalmente satisfactorias pola negativa dun único propietario, o que impediu a redacción final do proxecto e a súa inclusión no orzamento municipal, no POS da Deputación ou en subvencións como acceso a lugares de interese turísticos”.

Os populares sinalan que “non dubidamos de que o Goberno actual ten o mesmo interese que o noso grupo en rematar esa infraestrutura tan necesaria para mellorar a seguridade viaria e garantir máis accesibilidade, pois é o lugar de entrada para todos aqueles que utilicen o transporte público e para os veciños da zona, para os que tan só sería necesaria a actuación na marxe dereita en dirección a Coroso”.

E por isto que o Grupo Popular presenta a seguinte proposición e insta o Goberno local a:

1- “Que redacte o proxecto construtivo para negociar a cesión voluntaria dos terreos necesarios para a construción das obras ou no seu caso a expropiación dos mesmos”.

2- “Unha vez realizado o trámite e conseguida a dispoñibilidade dos terreos proceder á súa inclusión no primeiro plan de obras que fose posíbel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.