Esta fin de semana prosegue a axenda cultural de Boiro. Este sábado 21 de xuño o núcleo de Comoxo celebrarase un espectáculo-obradoiro infantil e familiar arredor da cultura e a música popular da nosa terra: Coa pandeireta na man, de María Faltri. Será o sábado a partir das 16.30 horas.
Trátase dun espectáculo musical, lúdico e participativo que rende tributo ás cantareiras (homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas) e que achega aos máis cativos e cativas a música tradicional galega. A cita consistirá tamén nunha cita activa e participativa aberta á participación da rapazada.




