Boiro celebra o 28 de xuño a III edición do Torneo Solidario Interparroquial en beneficio de ASANOG

24 Xuño 2025

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición do Torneo Solidario Interparroquial que se celebrará o vindeiro 28 de xuño no campo de fútbol de Vista Alegre en beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG), co apoio do Concello e máis de empresas locais como JEALSA.

O alcalde, José Ramón Romero, participou este 18 de xuño (mércores) na presentación xunto con Yenny Rodríguez, coordinadora de ASANOG; Lara Buig e outros membros do equipo organizador. Tamén participou Margarita Hermo, responsábel de Relacións Institucionais da conserveira JEALSA.

Segundo explicaron, o torneo dará comezo ás 17.00 horas e contará con fase de grupos, semifinal e final, no que van participar 8 equipos que representan a cada unha das parroquias e que estará patrocinados por un bar de Boiro. Serán equipos mixtos de fútbol 8 e cun mínimo de 3 mulleres. “Entre cada partido faremos sorteos de agasallos doados por negocios de Boiro e arredores entre todas las rifas vendidas”, afirmou Lara Buig.

Todos os beneficios recadados coa venta de rifas e doazóns será destinado a ASANOG. “Para ASANOG esta colaboración é moi importante pois prestamos unha axuda integral ás familias con nenos pacientes oncolóxicos”, afirmou Yenny Rodríguez, lembrando que ASANOG leva 13 anos prestando apoio económico, psicolóxico e de acompañamento ás familias. No pasado ano axudouse a un total de 222 familias.

O alcalde, José Ramón Romero, animou a toda a veciñanza a asistir a este torneo solidario “que ademais de ser unha festa do fútbol para divertirse e pasalo ben entre veciños ten un trasfondo solidario moi importante como é axudar ás familias con nenos e adolescentes con cancro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.