O CEIP de Louro participou nunha xornada de identificación de especies invasoras

18 Xuño 2025

O alumnado do CEIP de Louro (concello de Muros) participou este luns nunha xornada de identificación de especies invasoras. Foi unha iniciativa das Concellerías de Medio Ambiente e Educación do Concello de Muros, dentro do programa de eliminación de invasoras posto en marcha en colaboración con ADEGA.

A experiencia incluíu charlas e saídas sobre a problemática que as especies exóticas invasoras producen nos nosos ecosistemas. Especies como por exemplo a Tradescantia fluminensis (orella de gato), planta invasora que está a afectar a diferentes tipos de fieitos e flora en risco presente no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, entre outras especies foráneas.

“A xornada completou a exposición que tiveron 15 días no centro educativo e o programa continuará ata finais de ano”, explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino.

“As especies invasoras son unha ameaza para a nosa biodiversidade, polo que é moi importante que os nenos e nenas aprendan a identificalas”, engade a alcaldesa de Muros, Maria Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.