Gardacostas de Galicia incauta 635 cacharros e nasas e devolve 215 quilos de polbo ao mar nun novo operativo contra o furtivismo

17 Xuño 2025

O servizo autonómico de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, continúa desenvolvendo operativos por toda a costa galega para velar polo cumprimento da veda do polbo que está vixente ata o vindeiro 1 de xullo. Un labor que permitiu o pasado luns incautar 634 cacharros e nasas así como a devolución de 215 quilos de polbo ao mar.

Este departamento sinala a importancia de respectar o período de veda que estivo precedido por unha parada biolóxica o pasado mes de abril, co obxectivo de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostible deste recurso pesqueiro.

O operativo contou cun amplo despregue de medios marítimos coa participación das patrulleiras Mar de Galicia, Punta Roncadoira, Punta da Guía, a embarcación Valentín Paz Andrade e o buque multipropósito Imáns García Nodal, o que permitiu actuar nunha ampla área que abarcou desde O Centolo de Ons ata A Guarda. En total foron levantadas 4 actas nas que se recolleron 95 nasas, 10 pezas de rascos e 540 cacharros. Estes novos comisos súmanse aos 6.000 aparellos retirados nos meses de abril e maio así como a devolución de case 1.300 quilos de polbo ao mar.

Desde Gardacostas, sinalan que é moi común que no interior destas nasas e cacharros estean femias ovando, o que exemplifica o risco que supón a actividade furtiva para a conservación desta especie, as cales son devoltas inmediatamente ao mar. O departamento autonómico continuará intensificando as labores e control e vixilancia despregando novos operativos ao longo deste mes de xuño por todo o litoral da comunidade.

G.G.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.