Este venres inaugúrase a VI Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, na praza de España de Ribeira ás 13.00 horas

17 Xuño 2025

Este venres 20 de xuño, ás 13:00 h, inaugúrase a sexta edición Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira, a AER. Asistirá boa parte da directiva da asociación, incluído o seu presidente, Francisco Martínez Gude, ademais de membros da Corporación local e do Concello, incluído o alcalde Luís Pérez Barral e o tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta.

A VI Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira vaise celebrar do venres 20 ao domingo 22 de xuño coa previsión de reunir preto de 120 vehículos de trece marcas diferentes, incluída (a xeito de novidade) unha marca que segue a ser referente mundial no sector: Tesla. A feira estará aberta ao público de xeito ininterrompido, desde as 11.00 ata as 20.00 horas, con entrada gratuíta.

Os detalles da nova edición foron compartidos os días pasados por Francisco Martínez Gude e Juan Rey, presidente e tesoureiro da patronal de Ribeira, acompañados polo primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño. Segundo fixeron saber, o principal obxectivo da feira é “achegar ao público os avances en mobilidade eléctrica e híbrida, fomentando así un modelo de transporte máis respectuoso co medio ambiente”. Destacaron tamén o carácter referencial deste evento, consolidado plenamente como unha cita imprescindíbel do sector da mobilidade ecolóxica no Barbanza en Galicia.

Participarán concesionarios locais, comarcais e de toda a Comunidade, ofrecendo demostracións, probas de vehículos e asesoramento sobre modelos, custes e financiamento. Os empresarios destacaron a vertente dinamizadora da feira e a súa capacidade para impulsar a economía do concello e do Barbanza, atraendo centos de veciños e visitantes interesados nas grandes novidades do sector do motor e coa vantaxe de poder ver estas novidades (e probalas) in situ. De feito, os coches poderanse probar con cita previa ou se están a disposición dos visitantes. Haberá vehículos novos, con quilómetro cero e xerencia.

Participan as seguintes marcas (un total de trece): Opel, Citroën, Fiat, Peugeot, Kia, Ford, BMW, Mercedes, Toyota, Audi, Seat, Skoda e Tesla. Estarán presentes once concesionarios: Citova, Royca-Car, Grupo Dunas, Motor Boiro, Amiocar, Louzao, Compostela Movil, Bonaval Premium Audi, Bonaval Motor, Bonaval Movil e Tesla Center Vigo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...