Sesenta nenos e nenas participan no Taller de Minerais organizado polo Concello de Lousame no Museo das Minas de San Finx

17 Xuño 2025

Sesenta nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos, participaron no Taller de Minerais organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, no Museo das Minas de San Finx.

Consistiu nun obradoiro gratuíto impartido xeólogo Fran Canosa para achegar o mundo dos minerais á rapazada lousamiá.

O tenente de alcaldesa de Lousame, Esteban Ares García, amósase moi satisfeito pola participación rexistrada xa que “inicialmente programamos unha sesión para vinte pequenos e ao final tivemos que triplicar as sesións para poder dar resposta á demanda das familias de Lousame. Foi unha actividade educativa na que os nosos nenos e nenas aprenderon moito sobre o mundo dos minerais”.

Fran Canosa comezou o obradoiro ensinándolles aos nenos e nenas a diferenciar un mineral do que non o é.

Acto seguido, amosoulles medio cento de minerais de distintas partes do mundo, algúns deles das propias Minas de San Finx, para que os nenos e nenas puideran analizar a súa cor, dureza, brillo, forma, transparencia… Cada unha das tres sesións, de 50 minutos de duración, incluíu tamén unha demostración de minerais fluorescentes, que os pequenos realizaron ás escuras e coa axuda dunha lámpada de raios ultravioleta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.