Xa está a operativa a senda de Teira (Corrubedo)

16 Xuño 2025


O Concello de Ribeira informou este luns 16 de xuño de que xa está operativa a nova senda de Teira: habilitada para o tránsito seguro para os peóns logo dunha reforma integral levada a cabo pola brigada de Obras do Concello de Ribeira.

Co obxectivo de mellorar o tránsito peonil seguro no ámbito rural, o Goberno ribeirense iniciou a retirada do paseo de madeira que unía os núcleos de Teira e Corrubedo para facer “unha nova senda peonil que xa está finalizada”.

A nova vía peonil foi proxectada para que sexa duradeira no tempo a nivel de mantemento e “sobre todo para garantir unha mobilidade segura e accesibilidade universal”, informou o Concello, engadindo que “a obra precisou de varias fases para a súa consecución, nunha primeira fase retirouse toda a pasarela de madeira que estaba en mal estado para despois comezar os labores de acondicionamento dun camiño rural no que previamente traballouse a preparación do camiño, limpeza, escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal e rasanteo”.

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal manifestou que a senda de Teira “é un camiño para dar servizo ás veciñas e veciños da contorna, unha senda segura entre os piñeiros”. Vidal tamén asegurou que era unha intervención moi demandada pola veciñanza, “damos resposta así á demanda veciñal de ter un camiño en condicións para poder transitar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.