Padrón ofrece este verán tres iniciativas de conciliación: un programa de lecer, un campus deportivo e un campamento tecnolóxico

16 Xuño 2025

O Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa conciliación familiar e laboral durante os meses de verán incrementando a cifra de prazas dispoñíbeis nos seus programas estivais destinados a nenos e nenas do municipio. Este ano, ofrécense tres iniciativas: Conciliación Verán, Campus Deportivo de Verán e o novo Campamento Dixital, sumando unha oferta máis diversa e adaptada ás necesidades das familias.

Máis prazas e novo horario no programa Conciliación Verán

Un dos programas máis demandados, Conciliación Verán, aumenta este ano a súa capacidade con 125 prazas, cinco máis que na edición anterior. Ademais, este ano amplíase o horario: adiántase a entrada 15 minutos e atrásase a saída outros 15, ofrecendo unha franxa de conciliación máis ampla para facilitar a organización familiar de 7:45-15:15.

Como novidade, incorpórase unha nova quincena no mes de agosto, dando resposta ás demandas veciñais para cubrir un período que tradicionalmente quedaba sen oferta de conciliación.

Campus Deportivo e novo Campamento Dixital

Á oferta tradicional do Campus Deportivo con 120 prazas, súmase este ano o innovador Campamento Dixital, un programa gratuíto centrado na iniciación á informática e a tecnoloxía, orientado a fomentar o pensamento lóxico e as habilidades dixitais dos máis novos. Dito programa é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e en colaboración co Concello de Padrón.

O Campamento Dixital contará con 20 prazas por quenda durante o mes de xullo, o que supoñerá un total de 60 prazas dispoñíbeis de luns a venres de 10:00-13:00 horas. A primeira quenda do 23 de xuño ao 4 de xullo (inscrición ata o xoves 5 de xuño), a segunda quenda do 7 de xullo ao 18 de xullo (inscrición ata o xoves 19 de xuño) e a terceira quenda do 21 de xullo ao 4 de agosto (inscrición ata o xoves 3 de xullo).

Segundo explicou o Concello, “este novo espazo educativo reforza a aposta por actividades formativas e lúdicas adaptadas ao mundo onde cada participante obtén o certificado DigComp, recoñecido pola Unión Europea en competencias dixitais”.

Desde o Concello de Padrón lanzaron un convite ás familias para inscribirse no Campamento Dixital para poder realizalo, xa que é necesario un mínimo de 15 nenos e nenas entre 9-13 anos de idade para poder levalo a cabo.

Con estas medidas, o Concello reafirma o seu compromiso “coa educación, o lecer saudábel e a conciliación, ofrecendo alternativas de calidade para que os nenos e nenas poidan desfrutar do verán mentres as súas familias poden compaxinar a súa vida laboral”.

Para máis información sobre o Campamento Dixital, poden poñerse en contacto coa Aula CeMIT no teléfono 675 748 812 en horario de mañá e fóra deste horario en correo@padron.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.