Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazón
e na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás do
que se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con grande
elocuencia, que a alma de Xambrailo era máis grande que a del mesmo. Meu Deus! Como
sería?
O veterinario explicábao con poucas palabras: “morreu e non hai nada que facer, todas as
súas funcións biolóxicas están paradas de forma irreversible”. El estaba acentuando a
atención na ausencia das actividades cardíacas e respiratorias. Tiña seguridade total de que
aquel cadelo morrera. E así era. Foise como un paxariño.
Na parroquia, ninguén fixo caso. A veciñanza miraba, relía e atendía á filosofía, unha parte
era daquelas correntes que interpretaban a morte como aquel feito que dá sentido á vida;
outra non, máis materialista, interpretaba a morte como final absoluto da existencia.
Epicuro de Samos, filósofo anterior ao cristianismo, pensaba que non había que
preocuparse da morte, “cando existimos -dicía- a morte non está presente, e cando ela está
presente xa non existimos”. Que lles parece esta reflexión do filósofo grego?
Ao can ou á vaca non lles importa tanto. Pero, como seres socias e integrantes de grupo, a
morte dun achegado entristécelles, moléstalles e dóelles. Na memoria deste escribidor está
gravado un suceso, a morte repentina de Parda, aquela vaca leiteira e traballadora que era
como a alma da familia, como a conciencia da xente aldeá. Araba nas leiras, andaba no
prado, enchía os cántaros de leite e mantiña un cucho por ano.
A morte daquela vaca deixou sen alento a propios e a estraños. Choraron todos os da
parroquia e os máis vellos téñena no maxín. Para eles, Parda está no prado pacendo e os
nenos do lugar, ruando con ela.
A ONU calcula que ao longo de 2025, máis de trescentos millóns de persoas necesitarán
axuda humanitaria. “Isto non vai ben, di a Tía Manuela, aumentan os conflitos, as guerras e
as mortes”. Segundo datos aportados pola ONG Armed Conflict Location and Event Data
(ACLED), a violencia política aumentou 25% en todo o mundo, en 2024, en comparación co
ano anterior, con máis de duascentas vinte mil persoas mortas. Entre tanto, hai quen chorar
a morte do cadelo.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



