“Pseudo-medios, titulares denigrantes, falta de respecto: ataques ao xornalismo”. Antón Luaces

15 Xuño 2025

Desde vai anos, especialmente desde a tristísima e dura etapa da pandemia do COVID-19, tento analizar o motivo ou motivos polos que o xornalismo español caeu tan baixo. Non dou chegado a unha explicación rotunda, irrevocable, indiscutible. Mais sí sei -ou creo saber- que detrás de cada un deses pseudo-medios que tanto proliferan actualmente en España, sempre está o diñeiro que todo o paga, que todo o compra.

Hai -e sempre houbo- grandes firmas comerciais dispostas a contribuir económicamente a engrosar as contas que permiten a exjstencia de medios de comunicación que non poderían manterse con vida de non ser pola aportación de importantes cantidades de diñeiro que entidades públicas e privadas realizaban e aínda realizan.

Vai máis de 30 anos que, con outros compañeiros, apostabamos por cales serían os tres ou catro titulares de portada ou cabeceira de informativos de radio e televisión do día seguinte en determinados medios. Mesmo incluiamos “informacións” pagadas nas que non  se especificaba que estas non eran outra cousa que publicidade encuberta. No noso “xogo” entraba tamén a información institucional que todos, obviamente, sabiamos que o era e que se nós, os “xogadores”, non manexabamos, non era porque se nos birlara a “exclusiva” por falta de contactos senón porque houbera unha filtración interesada en troques de diñeiro. 

Na actualidade a situación aínda é peor porque as institucións públicas entran acotío no xogo: concellos, deputacións, consellerías, gobernos autónomos, partidos políticos, etc., e con estes cartos ou “subvencións”, poden pagarse “informacións” que non son tal, titulares que denigran a determinadas persoas ou actuacións e desinformacións que  veñen xustificar a exjstencia dos pseudo-medios que tentan ser medios xornalísticos sen cumprir os mínimos estándares de xornalismo  e que difunden información  inexacta. 

Cantos destes pseudomedios poden falar libremente de transparencia e responsabilidade, cantos identifican claramente aos autores dos traballos publicados, cantos revelan a propiedade do medio, cantos publican correccións cando cometen erros, cantos testemuños publicados son verificables, etc.. para podermos asegurar que o que lemos é o que queremos?… 

Non  estamos xustificando a decisión do franquismo do control e mesmo a prohibición do exercicio do xornalismo?..

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.