“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

12 Xuño 2025

A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e excesos. Viven nun mundo creado por eles e para eles, onde non teñen cabida o resto de mortais que se dedican, entre outras cousas, a traballar para subsistir, cun pouco de sorte.

Cando algúns deles son condenados, por sentenzas xudiciais firmes, a culpa sempre é dos demais ou do propio sistema. Sistema, por certo, do que se aproveitan para vivir como marqueses, sen dar pau á auga. Que se preocupen os demais “pobres diaños” das inxustizas sociais e dos cidadáns máis indefensos. Eles xa teñen bastante con pensar onde viaxar, nas súas longas vacacións, ou a que restaurante, “Estrela Michelín”, ir cear, un día si e outro tamén, ou a que país dirixirse en busca de turismo sexual ou simplemente estudar que último modelo de turismo poder axenciarse. A ética bríllalles pola súa ausencia, aínda que en demasiadas ocasións permiten a licenza egocéntrica de querer ser exemplo para os demais.

Oírlles dicir, publicamente, que o único que lles preocupa son a súa familia e seres queridos xa demostra a escasa empatía e sensibilidade cara ao resto da sociedade que lles rodea. Non pensan máis que neles mesmos e no seu status, que desexan manter custar o que custe, a través de paraísos fiscais, estafas, corrupción, difamacións, especulación e de todo tipo de delitos e malas prácticas.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.