O proxecto EnClave 2024/2025 achegou recursos para atallar a saúde mental da rapazada nos centros de ensino de Boiro

11 Xuño 2025

O Concello de Boiro fixo balance da nova edición do proxecto EnClave, levada a cabo durante o curso 2024/2025 con formato de programa integral de educación, igualdade e saúde. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, presentaron na mañá deste 11 de xuño os resultados das distintas accións. Lembraron que EnClave comezou a desenvolverse no ano 2021, que conta cun financiamento de 51.902 euros e que forma parte da aposta do Concello de Boiro por “unha educación de calidade que constrúa unha sociedade xusta e equitativa, cunha poboación saudábel e máis capaz de participar e contribuír á igualdade social”.

Engadiron que o proxecto conta con áreas de actuación diferenciadas con distintos programas a desenvolver nos centros de ensino. A primeira das áreas e a de Igualdade e Diversidade na que se desenvolveu o programa de Intervención e prevención do acoso escolar, unha proposta que combinou a intervención directa co alumnado e a formación e implicación do profesorado e das familias. Realizáronse un total de 90 sesións grupais e 39 individuais nas que se abordaron temáticas como o concepto de bo querer, autoxestión emocional, empatía e responsabilidade afectiva…

Dentro desta área tamén se desenvolveu o programa de Detección Temperá da Dislexia e TDH/TEA coa Facultade de Psicoloxía da USC, un programa no que se traballou co alumnado de 1º a 3º de primaria para facer un diagnóstico previo con vistas a detectar posíbeis casos e ver a necesidade de establecer protocolos de intervención para paliar as repercusións do alumnado no seu rendemento académico, emocional ou social.

O segundo dos grandes bloques é o de Saúde e Benestar no que se desenvolveu o programa de Hixiene Bucodental mediante a Facultade de Odontoloxía da USC, no que se fixo un recoñecemento previo do estado xeral da saúde bucodental dos escolares e unha avaliación do coñecemento dos nenos en canto a hixiene bucodental, dieta carioxénica e consumo de azucres. Dentro desta área desenvolveuse tamén o programa de Avaliación Optométrica e Visual coa Facultade de Óptica e Optometría da USC que realizou un cribado visual no alumnado de 2º e 3º de primaria para detectar anomalías que de xeito xeral pasan desapercibidas. O último dos programas foi o de Intervención en saúde mental que permite unha intervención temperá que evita a cronificación de trastornos emocionais e a diminución dos casos de ansiedade leve-moderada e en condutas disruptivas.

A terceira gran área é a de educación, na que se desenvolveu o programa de Educación Emocional para traballar na súa expresión oral e corporal mediante o xogo dramático e o teatro emocional. “Trátase dun proxecto dunha dimensión moi ampla e cunha valoración moi moi positiva en todos os programas, que aborda as principais problemáticas detectadas no ámbito educativo polas familias e o persoal docente”, afirmou a concelleira Carmen Silva.

O proxecto EnClave é un programa innovador que busca atallar as principais problemáticas que se detectan nos centros de ensino e ten como finalidade a redución significativa dos casos de acoso escolar, unha maior conciencia e sensibilización sobre a importancia da saúde mental e conseguir un alumnado máis apoderado emocionalmente, capaz de xestionar as súas emocións e resolver conflitos de maneira pacífica. “A pesar de non ter as competencias en educación imos seguir apostando por levar a diante este programa, adaptándoo ás novas necesidades que vaian xurdindo, porque os resultados amosan que favorece a unha mellora da convivencia nos centros e da saúde dos nosos rapaces e rapazas”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.