O Torneo Internacional CONGALSA recadou preto de 10.000 euros a favor da Fundación Aladina

09 Xuño 2025

A Pobra converteuse en maio no epicentro do fútbol, e da solidariedade. Da man do Torneo Internacional CONGALSA de Fútbol Base, o municipio recibiu a miles de afeccionados a este deporte. A cita, que se desenvolveu ao longo de dúas xornadas, foi un auténtico éxito en cifras de asistencia. Unha tendencia positiva que repercutiu na recadación do Torneo, cun carácter 100% solidario.

Tal e como confirmaron o alcalde, José Carlos Vidal, e o concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, o deporte e a solidariedade foron da man, permitindo “conseguir 9.250 euros cos que a Fundación Aladina poderá seguir realizando o seu encomiábel labor”.

O rexedor e o edil de Deportes fixeron entrega dos cartos á entidade nun acto no que estiveron presentes o organizador do Torneo e representante de Aladina, Julio Antonio Mariño Neira, o padriño da cita, Rubén López Pérez, e a xefa de relacións de CONGALSA, Ana Garrido.

O Torneo congregou a un total de 39 equipos das categorías alevín de toda Galicia e España, contando coa presenza de conxuntos como o Real Madrid, o FC Porto, o Benfica, Sporting de Lisboa e de Braga, etc. Calcúlase que, nos dous días do evento, pasaron polo estadio da Alta unhas 4.000 persoas entre xogadores, familiares e público asistente.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.