Os Estaleiros Catoira (Rianxo) acolleron a botadura do “Patexo”

09 Xuño 2025

A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros organizou este sábado 7 de xuño a presentación oficial da nova embarcación de media construción: O Patexo. A cita foi ao mediodía do sábado nos Estaleiros Catoira de Rianxo. O Patexo é a máis recente incorporación á frota da asociación e foi realidade grazas á colaboración de diversas administracións.

“O Patexo”, explicaron, “supón a recuperación dunha tipoloxía que foi desaparecendo do Golfo Ártabro, como é a de media construción”. Con esta iniciativa, engadiron dende a asociación, “volverá verse nas nosas augas esta tipoloxía de embarcación grazas ao que supón non só un labor de recuperación dunha fasquía tradicional, senón tamén, de todo un saber mariñeiro ligado á carpintería de ribeira”.

Na botadura participaron os integrantes da asociación e tamén o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, quen sinalou a importancia de recuperar este tipo de embarcacións para “manter viva a nosa tradición e os saberes propios da cultura mariñeira”. Neste senso, destacou o traballo que vén desenvolvendo Ramón Collazo, responsábel de Asteleiros Catoira e Presidente de AGALCAR, para a recuperación deste patrimonio e para a súa transmisión as xeracións futuras.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.