“Seis meses de silencio para ao cabo, asumir a existencia dunha denuncia por agresión sexual” – Antón Luaces

08 Xuño 2025

A onde pode chegar a denuncia presentada por unha coñecida presentadora de televisión de ter sido agredida sexualmente polo ex-conselleiro do Mar da Xunta, Alfonso Villares, ninguén o sabe. Pero nos círculos políticos e, obviamente, nos medios de comunicación, ninguén evade a ocasión de opinar ao respecto.

O caso é que seis meses despois de que a presunta vítima presentara denuncia, Alfonso Villares, ex-conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, cesou no seu cargo a petición propia e asegurando ser “absolutamente inocente” e coa pretensión de se defender “no ámbito xudicial”. 

Imputado vai seis meses por un delito de agresión sexual o certo é que o presidente da Xunta valorou a renuncia de Villares “como un xesto que lle honra” e coa esperanza de, nun futuro, poder contar con el para outros labores políticos canda el. Porque Villares é, sen dúbida, un dos homes de confianza do presidente da Xunta e a quen o pasado xoves adicou unha aperta que amosaba a existencia desa amizade e recoñecemento, cousa esta última que non se tivo en conta para coa denunciante. Porque para Villares houbo, dixo o presidente da Xunta, “un agradecemento ao seu labor”. Para a denunciante, nin unha referencia. Nada novo nestes casos. “Díxeno e mantéñoo: foi un bo conselleiro. Todo o demais non ten que ver co seu labor político  e terá que determinalo a xustiza” (Alfonso Rueda). O mesmo compriría dicir de quen presentou a denuncia, por máis que nin se citara neste caso.

Villares presentou tamén a súa baixa temporal no PP de Galicia.

Tendo en conta o que consta na denuncia e que relatan os medios de comunicación, os feitos denunciados producíronse o 27 do pasado mes de decembro en Ferrol. O tempo transcorrido fai pensar en que o coñecemento da denuncia non é de agora, e menos se como se di, Alfonso Villares prestou declaración, pero en ningún momento foi detido. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.