“Falamos ou calamos?”. Luís Celeiro

07 Xuño 2025


“O falar non ten cancelas” é un refrán popular que evidencia claramente que hai quen fala por falar,
para non dicir nada, para enganar ou por non calar, incluso sabendo que “en boca pechada non
entran moscas” e lembrando o dito da avoa, “garda o pico e terás paz”. Tamén é un sinal de
liberdade de expresión, de que se pode falar e calar ao mesmo tempo, segundo conveña.
Os paisanos saben (sabemos) moito disto, pero os que son verdadeiramente expertos son os que
andan na política e, máis aínda, aqueles que andan na gobernanza ou nos arredores da mesma. Se
falan, porque falan e se calan, porque calan. En calquera circunstancia e ocasión, hai razón para a
discrepancia. Uns móstrana lareteando e outros calando, pensando e reflexionando, poñéndolle ao
mal tempo boa cara.
A sabedoría popular é a que máis pode falar e pode ensinarlles aos que teñan interese por aprender
e saber como deben proceder para enderezar o rumbo, se é que o perderon. Quen sabe a onde
van?, A onde queren chegar? Sería conveniente establecer mecanismos de comunicación directos
coa cidadanía, escoitala e coñecer os seus pareceres para avanzar no achegamento necesario, nese
feito que, actualmente, poida que sexa autenticamente revolucionario.
A sabedoría popular ampárase no coñecemento, nas crenzas, conviccións e principios. Con tódolos
seus antecedentes, vén das xeracións pasadas, da experiencia, da observación directa e dos
costumes, co aval, en moitos dos casos, da evidencia científica. Os políticos, de aquí e de acolá,
deberían estar atentos ao falar do pobo, dos homes e das mulleres do mar e do interior, do pobo
enteiro, que tamén fala cando cala.
Onde estarán os que mandan? Quen son? Ao parecer, os de sempre e tan equivocados como
sempre. Pero aí estamos agardando, como di a Tía Manuela, “albiscando un cambio que non chega”.
Aínda que non lles guste aos de sempre, as alternativas, segundo o científico Antonio Turiel, teñen
que ser de carácter social e “todas elas pasan polo decrecemento e a redistribución”. Xa ven,
cómpre, primeiramente, un cambio cultural de orde mundial que permita avanzar nesta dirección,
pensando que o mundo pode e debe ser mellor para todos os que falan e os que calan.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...