Detido en Noia tras roubar un autobús e esnafralo contra a ponte medieval de Traba

07 Xuño 2025

A Garda Civil e a Policía Local de Noia detiveron este venres a un home que presuntamente roubou un autobús na estación de autobuses da vila e protagonizou unha fuxida con múltiples danos materiais antes de ser interceptado.

Ponte danado tralo accidente. TVG

Segundo fontes policiais, o detido subtraeu un vehículo da empresa Autos Comparado e emprendeu a marcha por distintas rúas da localidade. Durante a súa fuxida, bateu contra varios coches aparcados, causando importantes danos a dous vehículos na zona de San Bernardo.

A súa carreira rematou de forma abrupta ao intentar atravesar, sen éxito, a ponte medieval de Traba, unha estrutura histórica do século XV que conecta coa zona do Couto. Polas súas dimensións, era imposible que o autobús puidese pasar pola estreita vía de pedra, o que provocou que o vehículo quedase encallado e sufrise un forte impacto contra os elementos de entrada da ponte, catalogada como ben patrimonial protexido.

Tras o accidente, o condutor abandonou o autobús e intentou fuxir a pé. Non obstante, os axentes, que xa seguían a súa pista desde o inicio da fuxida, lograron darlle alcance, inmobilizalo e proceder á súa detención.

A pesar da perigosidade dos feitos, non se rexistraron feridos, aínda que os danos materiais foron cuantiosos, especialmente na ponte e nos vehículos afectados.

As autoridades están a investigar os feitos e valoran os danos ocasionados, tanto ao patrimonio público como aos bens privados. O detido podería enfrontarse a varios cargos, entre eles, roubo de vehículo, danos materiais e atentado contra o patrimonio.

Detido en Noia tras roubar un autobús e esnafralo contra a ponte medieval de Traba. TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.