“O conselleiro e a agresión sexual” – José Manuel Pena

05 Xuño 2025

Por moita Constitución e avances lexislativos que se produzan, algúns gobernantes continúan ancorados no pasado máis rancio, escuro e machista. Un claro exemplo estamos a velo unha vez o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia presenta a súa dimisión por unha imputación xudicial por presunta agresión sexual contra unha xornalista galega e o presidente da Xunta (o de todos os galegos), despídese de maneira oficial pedindo celeridade á Xustiza e que o “espera rescatar para a vida pública”. Pola súa banda, os seus compañeiros de goberno e partido, o resto de conselleiros, apláudenlle ao abandonar o cargo, entre risas.

Que vergoña, para o gobernante da Xunta de Galicia, xa están revictimizando á propia muller e vítima de agresión sexual, para defender a un compañeiro de goberno e de partido. É impresentable e noxento. Este é un claro exemplo da Galicia que non desexamos a maioría de galegos. Vergoñoso ademais é que dean esta imaxe os que nos están gobernando e levan catro décadas, con maiorías absolutas. Crense co dereito a pernada e a ser totalmente inmunes ante os sucesos terreais.

Que dimita o conselleiro do Mar, está ben, é o menos que podía facer. Pero coñecía a denuncia desde o pasado mes de febreiro, a través dun Xulgado de Primeira Instancia e continuou no cargo, sen ruborizarse. Agora foi o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quen lle comunica a imputación, e dáse por aludido, porque xa non ten escapatoria.

Como galego, sento vergoña e un desprezo profundo cara ao actual goberno da Xunta de Galicia polas súas actitudes que prexudican e danan claramente a dignidade da vítima da presunta agresión sexual. Pero onde estamos a vivir?, en Marrocos, en Rusia, en Iraq, en Arabia Saudita… .

Que pasaría se fose unha das súas nais ou fillas. Vergoñoso.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.