“As vagas de calor afectan ao marisco bivalvo na ría de Arousa” – Antón Luaces

05 Xuño 2025

Por se fora pouco o prexuízo derivado da choiva que recolle a ría de Arousa nos últimos tempos e o dano que ocasionarían os vertidos da macrocelulosa que Altri pretende instalar en Palas de Rei, dous dos mariscos bivalvos máis apreciados nesta ría dan mostra evidente do perigo que corren: a ameixa babosa e o berberecho son moito máis vulnerables aos episodios de calor extrema. Pola contra, a ameixa fina (ou de Carril) e a ameixa xapónica son máis resilientes a estes eventos que elevan a temperatura da auga e dos sedimentos nos que se enterran.

Son estas conclusións do traballo que forma parte da tese doutoral do oceanógrafo Adrián Castro-Olivares, membro do Centro de Investigacións Mariñas do Grupo EPhysLab da Universidade de Vigo.

Diante dun futuro incerto polo cambio climático no que as vagas de calor serán, desgraciadamente, protagonistas, o seu impacto nos ecosistemas aínda é dunha imprevisión máis que evidente; máis o futuro non se albisca moi tranquilizador a non longo prazo de tempo e cheo, pola contra, de interrogantes e inquedanzas para moitas actividades económicas que teñen que ver co marisqueo de bivalvos nas rías galegas.

Os Lombos do Ulla centra a atención neste senso desde Carril (Vilagarcía) ata o concello de Rianxo , unha zona de grande importancia na produción de bivalvos, onde traballan 4.300 persoas que, en 2024 sumaron 40 millóns de euros.

Os puntos do interior da ría de Arousa son, segundo o promotor da investigación, moito máis problemáticos polas condicións térmicas  ao seren menos profundos.

Entre 2025 e 2099 agárdanse 88 vagas de calor con tendencia a prolongarse máis no tempo (até 15 días con temperaturas medias de 35 graos). Unha previsión para nada

aceptable pensando no desenvolvemento deste importante sector extractivo na Galicia mariñeira. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.