A xira de curtas do Ciclo de Cinema Mestre Mateo fará parada en Boiro

04 Xuño 2025

As curtametraxes volven formar parte do Ciclo de Cinema Mestre Mateo que, grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual, levará os oito filmes curtos de ficción e animación finalistas e gañadores da última edición dos Premios Mestre Mateo a 24 concellos das catro provincias localizados fóra da contorna das grandes cidades e que non contan cunha oferta de salas comerciais estábeis.

O programa, dividido en dúas sesións, inclúe os filmes finalistas nas categorías de Mellor Curtametraxe de Animación e Mellor Curtametraxe de Imaxe Real da última edición dos devanditos galardóns, con varios títulos que contaron con subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o seu desenvolvemento.

No bloque de ficción poderán verse Pura, de Carmen Méndez; Véxote, de Óscar Pardo; Nai, de Tito Refoxo; e Platónico, Platónica, de Xacio Baño. Na categoría de animación exhibiranse Eu vou comigo, dirixida por Chelo Loureiro; Sinapse, de Carlos Cuesta; Avetimología, de Xosé Zapata; e Noites de prata, de Soraya Antelo.

O calendario de proxeccións arrancará o venres no cine Alfonsetti de Betanzos e a partir de aí percorrerá ata outono Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdoviño e Vimianzo na provincia da Coruña; Marín, Mondariz, Salvaterra do Miño e Vilanova de Arousa na de Pontevedra; e A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, Foz, Meira, Monterroso, Sarria, Taboada e Vilalba na de Lugo. Están por pecharse as proxeccións noutros sete concellos da provincia de Ourense que se engadirán ao programa nas próximas datas. 

Participaron na presentación o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, a vogal da Academia, Carmen Méndez, e as directoras e directores das curtametraxes incluídas no programa.

O Ciclo Mestre Mateo de Curtas está financiado en virtude do acordo acadado para esta actividade entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales do Ministerio de Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.