Amicos e o Concello da Estrada clausuran o curso de expendedor de combustíbeis

04 Xuño 2025

A asociación Amicos celebrou na mañá deste 4 de xuño o acto de peche do curso Expendedor de combustible, que a entidade realizou na Estrada durante máis dunha semana. As quince persoas participantes recolleron os seus diplomas de man da concelleira de Traballo e Xuventude estradense, Lucía Seoane, o técnico de orientación laboral de Amicos na zona do Deza e Tabeirós, Pablo Penide, e as técnicas do programa Inserta2.

A iniciativa está organizada no marco do programa Inserta2, impulsada por Amicos dentro do programa +Empleo, cofinanciado pola Fundación La Caixa e polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a pobreza para o período 2021-2027. Asemade, a formación contou coa colaboración de SBC Gasolineras, o que incluíu un relatorio da supervisora da empresa, Uxía Varela.

Os e as integrantes que participan no programa de Ribeira Inserta2, contan cun servizo individualizado de orientación laboral e formativa, así como dun seguimento personalizado da súa situación para favorecer as súas posibilidades de inserción. Este está dirixido a persoas desempregadas, con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Así, Seoane quixo dar os parabéns a todas persoas participantes, “e por suposto tamén a Amicos por promover este curso. Pareceume unha iniciativa estupenda dende o primeiro momento, cando mo propuxo Pablo porque no mercado laboral fai falla xente para este tipo de traballos e estas iniciativas axúdanlle ás persoas a que incorporen no seu currículo unha formación teórica”. Asemade, destacou que “paréceme xenial que Amicos continúe con este tipo de cursos, que teñen moi boa acollida, e mostra diso foi que se esgotaran as prazas. Vén xente de Vimianzo e ata de Porto do Son, o que quere dicir que é un curso interesante para as persoas que están desempregadas e que queren acceder ao mercado laboral”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.