Este luns abre o prazo de matrícula nas escolas infantís para o curso 2025-2026

01 Xuño 2025

A Xunta de Galicia abre este luns, 3 de xuño, o prazo para que as familias poidan formalizar a matrícula nas escolas infantís da rede pública autonómica de cara ao curso 2025-2026. O período permanecerá aberto ata o 13 de xuño, segundo informou o Goberno galego nun comunicado.

Para completar o proceso, as familias deberán presentar o impreso de matrícula cuberto e unha copia da cartilla de vacinación do menor. Este trámite poderá realizarse de forma presencial no centro onde se obtivo a praza ou a través da sede electrónica da Xunta.

Unha vez iniciada a formalización das matrículas, as listaxes de agarda iranse actualizando de maneira progresiva, o que permitirá realizar novos chamamentos para cubrir as prazas vacantes. A Xunta lembra que pode haber duplicidade de solicitudes, xa que algunhas familias poden figurar en varias listas de diferentes centros ou administracións.

O inicio do curso nas escolas infantís (0-3 anos) está previsto para o 5 de setembro. Será o cuarto curso consecutivo no que a atención educativa nesta etapa será gratuíta en toda Galicia, tanto en escolas públicas como privadas ou de iniciativa social, como parte do compromiso do Goberno autonómico co apoio ás familias e á conciliación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.