A Pobra despide o Maio das Letras presentando “Cando o mundo é azul”, obra gañadora do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

30 Maio 2025

Logo dun mes de intensa actividade, o Concello da Pobra do Caramiñal despediu na mañá deste ventres 30 de maio o seu Maio das Letras. Fíxoo coa presentación de Cando o mundo é azul, co que o rianxeiro Óscar Reboiras conquistou o VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro.

A Biblioteca Victoriano García Martí foi o escenario do acto, no que estiveron presentes a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, o escritor e xornalista, Óscar Reboiras, o director de Galaxia, Marcos Calveiro, a presidenta da Asociación Cultural Barbantia, Chus Blanco, e un amplo número de alumnos e alumnas de primaria do Colexio Salustiano Rey Eiras.

Durante a súa intervención, a edil de Cultura aproveitou a ocasión para felicitar ao escritor polo seu traballo, no que foi quen de abordar “con sensibilidade e cunha linguaxe sinxela” temas como a diversidade, o amor ou mesmo a redención. Trátase, como explicou Patricia Lojo, de cuestións que poden ser difíciles de falar cos máis pequenos e pequenas e “cuxo tratamento facilítase a través de libros como o que hoxe presentamos”. Como parte desta actividade do Maio das Letras, o Concello agasallou aos rapaces e rapazas dos centros de ensinanza con exemplares de Cando o mundo é azul.

Un certame referencial

Con sete edicións de historia, o Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, organizado polo Concello da Pobra, a editorial Galaxia e Barbantia, consolídase xa como un dos “certames de literatura infantil de referencia”, incidiu Patricia Lojo. Unha afirmación que a concelleira sustentou con base nas cifras de participación da convocatoria de 2024, á que se presentaron unha trintena de propostas literarias.

A diversidade, o amor, a interxeracionalidade e a redención son algúns dos temas recorrentes ao longo das páxinas de Cando o mundo é azul. Porén, a sinxeleza usada polo rianxeiro convértena “en apta para un abano moi amplo do público infantil”, explicouse no acto, no que se engadiu que a historia estrutúrase arredor das relacións familiares centrándose na historia de como unha nai e o seu fillo recuperan a figura dun avó ausente.

Óscar Reboiras súmase ao listado de autores e autoras que xa gañaron o certame da Pobra. Entre eles, Patricia Mallo, Xosé Antonio Neira Cruz, María Canosa e José Luis Baños. Como premio, obtivo un galardón de 3.000 euros e a publicación do seu traballo na colección Árbore Galaxia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.