O Concello da Pobra aposta por unha mobilidade peonil máis segura e accesíbel co novo sendeiro da Alta

30 Maio 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal finalizou os días pasados as obras de mellora no paseo que conecta a praia de Cabío co lateral do estadio da Alta, unha intervención enfocada na recuperación da contorna natural e a mellora da seguridade peonil.

A actuación supuxo a eliminación da antiga pasarela de madeira, que, segundo informou o Concello, “presentaba un estado de deterioro avanzado, e a súa substitución por un sendeiro de saburra”. Os traballos incluíron, así pois, a demolición e retirada do paseo existente entre a zona dos asadores ata o primeiro miradoiro. Posteriormente, levouse a cabo a actuación do trazado e formación do novo paseo con medios mecánicos.

O proxecto, que contou cun investimento de 16.680 euros, permitiu, ademais, reutilizar parte das táboas que se mantiñan en bo estado para reparar outros tramos do paseo que se atopaban en malas condicións.

Con esta intervención, “creamos un espazo máis seguro e accesíbel para o uso diario da veciñanza e dos visitantes”, aseguraron desde o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.