O Complexo Deportivo da Piscina do Son acolle este verán clases gratuítas de ioga

30 Maio 2025

O Concello de Porto do Son e o Complexo Deportivo da Piscina Municipal volven organizar esta tempada unha actividade formativa gratuíta de ioga ao servizo das veciñas e dos veciños, co obxectivo de completar a oferta local de actividades saudábeis. As clases de ioga desenvolveranse no dito complexo deportivo da Piscina Municipal os martes e os xoves, de balde para as persoas usuarias das ditas instalacións. Darán comezo o 2 de xuño realizaranse ao aire libre, sempre as condicións climáticas así o permitan, ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. As persoas participantes deberán levar a súa propia esteira. Poden solicitar máis información sobre as clases na recepción da piscina ou chamando ao 604051189.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...