O Concello do Son expón ante a Xunta as súas necesidades de solo empresarial

27 Maio 2025
Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña 

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse este martes 27 de maio co alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, co obxectivo de abordar as necesidades de solo empresarial no concello.

No encontro, Lorenzana aproveitou para trasladar ao rexedor “o compromiso da Xunta cos concellos e co tecido empresarial” e explicou “as novas figuras de creación de solo que o Goberno galego puxo en marcha este ano”. En concreto, a conselleira falou da Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (ZAPES), que ten a finalidade de dar axilidade e facilidade a aqueles proxectos que precisan solo de maneira urxente; e as Zonas industriais rurais (ZIR) pensadas para actividades industriais de menor envergadura localizadas en áreas rurais con necesidades de solo empresarial.

Ademais, lembrou que entre os anos 2009 e 2024, a Consellería de Economía e Industria apoiou ao concello, ás empresas e á veciñanza de Porto do Son con axudas por importe de 2,7 millóns de euros.

A conselleira lembrou que a estratexia do Executivo galego pasa por “facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas”, e, tamén, “por desenvolver solo industrial nos concellos que teñen necesidade e onde as empresas están esperando para poder asentar as súas industrias”. Trátase de “ter un desenvolvemento industrial homoxéneo en toda a Comunidade”, engadiu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.