“García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia” – Xosé González Martínez

27 Maio 2025

O Concello de A Pontenova nomeou Fillo Predilecto a Xosé Antón García Cotarelo. Os motivos para tal honra son os que expuxo na súa proposta dirixida ao Alcalde a Asociación de Funcionarios para a Normalización, que se resume nesta inequívoca cualificación: o seu maxisterio galeguizador foi decisivo para a normalización da lingua galega nos usos administrativos na Xunta de Galicia. O factor desencadeante da dinamización dese proceso foi a edición monolingüe do Diario Oficial de Galicia, abeirando unha falsa interpretación do alcance da cooficialidade lingúística coas versións a dobre columna en cadanseu idioma como se viña facendo desde a constitución da Xunta de Galicia.

Tal suceso aconteceu o día 3 de xullo de 1984. Ese día o Diario Oficial de Galicia publicouse por primeira vez en lingua galega. Un fito decisivo para inculturizar os milleiros de funcionarios que se incorporaban á administración autonómica. Como consecuencia de tal decisión os boletíns oficiais dalgunhas deputacións provincias secundaron o exemplo. O Parlamento de Galicia, tres días despois, fixo o mesmo abandonando a caricatura do alcance da cooficialdidade lingüística coa edición monolingüe do seu Boletín Oficial

Nestas reconversións lingüísticas tivo moito que ver a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística da que Pepe Cotarelo era socio. Lembro que despois de moito tempo falando da oportunidade de dar esa viraxe, un bo día, no “Mesón Roberto”, un antigo muiño convertido nun exitosos restaurante situado no Campus Sur da USC, Xoaquín Monteragudo, Pepe Cotarelo e un servidor acordaramos que xa era hora de mudar os hábitos lingüísticos na administración autonómica. Asi pasamos dos ditos aos feitos.

Este proceso de galeguización administrativa ten un antecedente na “Declaración dos Alcaldes Galegos”, de maio de 1984, promovida tamén pola AFNLG e asinada por rexedores municipais nun acto ben concorrido coa asistencia de 197 alcaldes celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Como anécdota chocalleira cómpre salientar que os catro alcaldes nacionalistas que había en Galicia non a asinaron. Iso si, quixeron participar a súa maneira, recibindo aos convocados cunha pancarta que tiña unha frase ben curiosa: “Non ao bilingüísmo”. Mentían a mantenta, porque a Declaración dos alcaldes tiña unha orientación monolingüe, como aconteceu meses despois coas publicacións oficais antes mencionadas. Tiñan que dar a nota.

Pepe Cotarelo era por entón Secretario Xeral Técnico da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, encargado de coordinadar os demais secretarios xerais técnicos das demais consellerías, labor que facía con auctoritas, potestas, mestría e eficacia. Del dependía a edición do Diario Oficial de Galicia. Os filólogos Xermán García Cancela, Inés Ruibal e Merche Penoucos foron os encargados de que os textos se publicasen coa debida corrección lingüística, fixando as bases dunha linguaxe xurídico-administrativa.

Foi un cualificado Técnico da Administración Civil do Estado destinado no Ministerio do Interior. Ese era o seu aval profesional. Chegou a Santiago par poñer en pé a arquitectura xurídico-administrativa dunha administración que carecía de persoal cualificado, evitando situacións esperpénticas como aquela na que durante un día houbo dous Conselleiros de Cultura, Filgueira Valverde e Alejandrino Fernández Barreiro. Publicaran o nomeamento de Alejandrino, pero esqueceran publicar o cesamento de Filgueira.

Pepe Cotarelo amais dun experto en dereito administrativo no exercicio das súas función foi un culto humanista, coñecedor das linguas clásicas; mesmo podía manter unha conversa en latín e escribilo cun académica corrección. A el débeselle a creación do Servizo de Publicacións da Xunta de Galicia, que editou vintesete volúmes da colección baixo o rubro “Clásicos en Galego”. Foi o primeiro proxecto editorial de tradución de textos grecolatinos ao noso idioma, amais doutros manuais moi útiles para divulgar a nosa tradición xurídica.

Pepe García Cotarelo foi o que artellou a estrutura xurídico-administrativa da Xunta de Galicia, e ambientador de galeguidade dos seus servizos. Malia este esforzo, nunca recibíu a Medalla de Galicia nin a de Castelao; é merecende de calquera delas. Outros con menos méritos foron condecorados con tales distintincións. Nunca é tarde se o señor Presidente da Xunta de Galicia decide concederlle unha delas o próximo ano.

A nós, os amigos da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, cómprenos facer público este recoñecemento. Como dixera Cicerón no seu tratado sobre a amizade, “fagamos polos amigos cousas honestas e non agardemos sequera que nolo pidan”.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.