Galicia, atrapada na crise do alugueiro: menos oferta, máis demanda e prezos á alza dous anos despois da Lei de Vivenda

26 Maio 2025

Segundo o portal Idealista a situación do mercado de alugueiro nas Rías Baixas reflicte unha tendencia preocupante, cunha crecente demanda, oferta limitada e prezos en alza.

En Galicia, o prezo medio do alugueiro experimentou un aumento do 27,1% no últimos tres anos, mentres que os salarios só han subido un 8,9%. Isto levou a que os galegos destinen actualmente o 47% dos seus ingresos ao pago do alugueiro, unha porcentaxe moi superior ao recomendado.

Escaseza de oferta e auxe do alugueiro vacacional

A escaseza de vivendas dispoñibles para alugueiro de longa duración agravouse nas Rías Baixas, en parte debido ao auxe do alugueiro vacacional. Durante a última tempada alta, o mes de agosto rexistrou un prezo media de 158 € por noite en aloxamentos vacacionais na rexión. Este fenómeno desprazou aínda máis a oferta de alugueiro tradicional, dificultando o acceso á vivenda para residentes permanentes.

A dous anos da entrada en vigor da Lei de Vivenda, Galicia atópase no medio dunha tormenta perfecta no mercado do alugueiro: escaseza de oferta, aumento da demanda e prezos en continuo ascenso. Aínda que a normativa nacional pretendía mellorar o acceso á vivenda, na práctica xerou efectos contrarios en moitas cidades galegas.

Segundo datos recentes do portal Idealista, o número de vivendas dispoñibles para alugueiro reduciuse en todo o país, e Galicia non é unha excepción. En cidades como Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo, propietarios optaron por retirar os seus pisos do mercado do alugueiro tradicional #ante a incerteza legal e o temor á intervención de prezos en zonas tensionadas.

Un dos efectos máis visibles en Galicia foi o crecemento do alugueiro de tempada, especialmente en áreas con alta demanda turística como as Rías Baixas ou o centro histórico de Santiago. Esta modalidade, con menos restricións legais, disparouse, desprazando aínda máis a oferta de alugueiro de longa duración.

A situación é crítica para os mozos galegos. Con salarios por baixo da media nacional e un mercado inmobiliario que se encarece, o acceso a unha vivenda converteuse nun luxo. Segundo un estudo recente, un mozo galego necesitaría aforrar durante máis de 14 anos para poder comprar unha vivenda, e mentres tanto, vese atrapado nun mercado de alugueiro onde os prezos non deixan de subir.

En cidades universitarias como Lugo ou Ourense, onde tradicionalmente o alugueiro era alcanzable, a competencia tamén aumentou. Cada anuncio recibe agora decenas de solicitudes en poucas horas, deixando fóra a estudantes e familias con ingresos limitados.

Desde o Goberno central propuxéronse novas medidas para tentar reverter a situación, como penalizar fiscalmente as vivendas baleiras ou gravar o alugueiro turístico. Con todo, a falta de consenso político e a complexidade do mercado dificultan a súa aplicación efectiva.

Mentres tanto, organizacións sociais galegas advirten que a Lei de Vivenda necesita unha revisión profunda. “En Galicia, a lei serviu máis para retraer a oferta que para garantir o dereito a unha vivenda digna”, denuncian desde a plataforma de afectados polo alugueiro na Coruña.

O panorama galego reflicte así unha tendencia nacional: sen unha intervención eficaz e coordinada, a crise do alugueiro ameaza con converterse en estrutural.

Medidas para mobilizar vivendas baleiras

En resposta a esta crise, a Xunta de Galicia lanzou o programa “Fogar Vivo”, que busca incorporar ao mercado de alugueiro ata 1.300 vivendas actualmente baleiras. O plan ofrece axudas de ata 16.000 euros por vivenda a propietarios particulares, incluíndo subvencións para reformas e seguros que cubran falta de pagamentos e danos. A cambio, os propietarios deben limitar os prezos do alugueiro segundo a zona, cun máximo de 700 euros mensuais en áreas de alta demanda e 450 euros en zonas de menor tensión.

A combinación dunha demanda crecente, unha oferta limitada e a competencia do alugueiro vacacional expón desafíos significativos para o mercado de alugueiro nas Rías Baixas. Aínda que programas como “Fogar Vivo” buscan aliviar a situación, o seu éxito dependerá da participación activa dos propietarios e da implementación efectiva das medidas propostas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.