María del Carmen Rey presenta en Boiro “Esconxuros para un rei” (o venres 30 en Boiro)

23 Maio 2025

A Asociación Cultural Barbantia, Baía Edicións, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organizan o vindeiro venres 30 de maio a presentación do libro Esconxuros para un rei, da escritora mazaricá María del Carmen Rey Núñez. A cita será venres ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Social de Boiro, na rúa Poeta Manuel María. Ademais da autora, o acto de presentación contará coa presenza de Encarna Pego, vicepresidenta da AC Barbantia, Manuel Cartea, vogal de Barbantia, e María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro.

Ao día seguinte da presentación sairá Á rúa o número 205 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, o sábado 31, con La Voz de Galicia.

María del Carmen Rey Núñez (Mazaricos 1964) é unha gandeira e escritora galega que ten publicado libros tan destacados como Escapados (2017), ambientado na Guerra Civil, ou Mulleres (2018), onde conta as vidas de varias mulleres que loitan e que se opoñen ao que o destino lles quere deparar.

En Esconxuros para un rei (Baía Edicións) cóntanos a historia de Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida polo seu pai e mais pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas foxe da inquisición de Castela) a unha meiga da montaña de Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.