A Unión Profesional de Galicia premia á logopeda Ana Vázquez Lojo, natural de Ribeira

23 Maio 2025

A Unión Profesional de Galicia entregou os Premios á Excelencia e Compromiso Profesional 2025, que recoñeceron a traxectoria dunha trintena de profesionais galegos. A asociación que representa a 44 Colexios Profesionais da Comunidade Autonómica e a 85.000 colexiados, entregou os ditos galardóns no Hotel Oca Puerta del Camino en Santiago. Estas distincións recoñecen “a excelencia dos profesionais colexiados que desenvolven a súa
profesión en Galicia ao servizo da sociedade galega”.

O acto de entrega dos Premios, celebrado o pasado 10 de maio de 2025, tivo lugar no Hotel Puerta del Camino tras o Simposio de Innovación Tecnolóxica e Compromiso Social, un encontro organizado por Unión Profesional de Galicia e no que foron tratados de maneira transversal temas
que afectan á sociedade civil galega como a asistencia mental en Galicia, as agresións aos profesionais sanitarios, as dificultades de acceso á vivenda, o compromiso medioambiental ou a irrupción da Intelixencia Artificial no mundo laboral.

Os case trinta profesionais vinculados a outras tantas profesións que recibiron o galardón procedían de toda Galicia. Por provincias, recolleron o premio catorce profesionais coruñeses, oito pontevedreses, tres lucenses e outros tres, da provincia de Ourense.

Entre as profesionais distinguidas pola Unión Profesional de Galicia atopábase Ana Vázquez Lojo, logopeda, ex presidenta do Consello Xeral de Colexios de Logopedas de España e tamén ex presidenta do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. Esta profesional, natural de Santa Uxía de Ribeira, é a presidenta da Liga Reumatolóxica Galega. O recoñecemento de Unión Profesional fixo fincapé “no seu labor á fronte de entidades que
fortaleceron e afianzaron a profesión de logopeda”.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.