Padrón fártase do lixo do mercado dominical

22 Maio 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de moitos vendedores do mercado dominical. Cada domingo, rematado o mercado, a imaxe do noso pobo é absolutamente lamentábel, algo que non estamos dispostos a tolerar”.

Para avanzar na mellora da limpeza da vila proporase o aumento da taxa por ocupación da vía pública que pagan os propietarios dos postos do mercado dominical para incrementala dos 0,68 euros metro cadrado día ata os 0,81 euros.

Segundo o alcalde, “o custe da limpeza derivada da falta de civismo de moitos feirantes non pode recaer nas padronesas e nos padroneses. Con esta medida serán os feirantes quen financien o incremento do custo que supón a recollida deste exceso de lixo”, asegura.

As medidas que prevé implementar o Goberno padronés van máis alá da subida da taxa. “Tamén aumentaremos a vixilancia no mercado e traballamos no endurecemento das sancións por depositar lixo na vía pública. Todo o mundo debe mentalizarse de que Padrón debe quedar limpo”, aclara o alcalde.

Ademais, o Goberno municipal levará ao pleno deste mes o establecemento dunha nova taxa pola expedición da Pedronía, o documento que acredita ter visitado certos lugares e monumentos de Padrón, moi popular entre os peregrinos e peregrinas, así como polo tubo para gardala.

Anxo Arca avanza que se proporá ao pleno cobrar 2 euros pola Pedronía e 3 euros polo tubo. Deste xeito “os visitantes e as visitantes comezarán a contribuír ao Concello, que destinará os recursos obtidos con esta taxa ao mantemento de infraestruturas públicas e ao financiamento das actividades de fomento do turismo”.

O alcalde destaca que estas taxas “non afectan ás padronesas e aos padroneses”, e “axudarán a que Padrón dispoña de máis recursos públicos para seguir avanzando”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.