Conta atrás para o inicio, no Araño, do Festival Hórreo Vivo

22 Maio 2025

Comezou a conta atrás para o inicio da edición 2025 do Festival Hórreo Vivo, que se celebra no Araño da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo. Serán, en palabras da organización, “dúas xornadas con moito humor, xantar popular e música galega de primeiro nivel para homenaxear e divulgar o hórreo máis grande do mundo”. Haberá acceso de balde e actividades para todas as idades.

A programación comeza o venres 23, coa actuación musical de Blues do País ás 21:30 h, seguida ás 22:00 h por unha sesión de monólogos a cargo de Federico Pérez e Paula Carballeira, dous referentes do humor e da escena galega.

O sábado 24 será unha xornada completa, que arrincará ás 12:00 h cun roteiro pola aldea e visita ao hórreo, xoia arquitectónica da parroquia e do concello. Ás 13:30 h terá lugar a sesión vermú coa música de Maria Raxeta e Quinkillada, acompañada dun xantar popular desde esa mesma hora.

Pola tarde, o escenario acollerá o concerto sobremesa de Pulpiño Viascón (16:00 h) e as tradicionais Araño Olimpiadas (17:00 h). Ás 19:00 h, os máis pequenos poderán desfrutar do espectáculo infantil Peter Punk: Peor Imposible.

A noite pecharase con concertos de De Ninghures e Mondra a partir das 21:00 h, e ao remate, unha actuación especial de Maruxa & Coralia (Dilles).

O Festival Hórreo Vivo aposta pola cultura local, a música en galego e a posta en valor do patrimonio etnográfico do Araño, todo nun ambiente familiar e festivo. A entrada é libre, mais está prohibida a entrada con bebida ao recinto.

Organiza: Asociación Cultural A Carballeira de Baia

Patrocina: Concello de Rianxo, Deputación da Coruña

Colaboran: Comunidade de Montes Araño, REI Zentolo, Rent Galicia Inmobiliaria

Máis información:

Instagram: @Festival Hórreo Vivo

Web: www.araño.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.