“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

22 Maio 2025

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das distintas políticas que regulan os diferentes sectores a través dos que chegar á aplicación das distintas políticas que rexen os obxectivos que perfilan as súas estratexias non  sempre converxentes. Porque acadar esa economía sostible require dunha maior coherencia: o océano non ten, efectivamente, fronteiras.

O 28 deste mes poderá comprobarse novamente na terceira edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar (GSSG) na que se abordará como medir esa sostibilidade, cuestión que se encarará dende unha óptica multidisciplinar e global porque o obxectivo é común  e inclúe tanto á pesca como á acuicultura, sen deixar de costas a cada vez maior demanda de espazo marítimo por parte doutras actividades.  

Deste xeito chegarase a esa sostibilidade que, no encontro de novembro pasado, Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, defendeu abandeirando a “sostibilidade ecosocial”, facendo fincapé nos aspectos ecolóxicos e sociais, unha demanda que expande a toda a industria pesqueira europea e mesmo á propia Unión Europea con esa súa lexislación que limita a entrada de produtos relacionados co traballo infantil ou forzoso e a Directiva de Due Digillence.

Este é o obxectivo do programa do III Foro GSSG a celebrar en Vigo, como sinalabamos, o 28 do mes que andamos organizado pola Fundación Nueva Pescanova e a Consellería do Mar da Xunta. Unha excelente ocasión para analizar asimesmo os efectos do cambio climático ou a pesca ilegal, non declarada e non regulada (IUU), das ONG (na medición da sostibilidade ou os sistemas de certificación, a visión da cadea de valor, as institucións e a ciencia, factor transversal a todos e cada un dos axentes que operan no medio. Non faltará, obviamente, o punto de vista financeiro no que a sostibilidade ten un maior peso específico  na toma de decisións á hora de avaliar os riscos dos proxectos empresariais.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...