Achan sen vida a un ancián no río Sar, na Rocha

22 Maio 2025

Un home de aproximadamente 90 anos foi atopado sen vida este mércores no río Sar, ao seu paso polo barrio compostelán da Rocha.

O achado produciuse ao redor das 21:30 horas, cando axentes da Policía Nacional notificaron a presenza do corpo aos Bombeiros de Santiago, quen acudiu para levar a cabo o rescate. O cadáver foi localizado baixo a ponte da rúa Poza Real de Abaixo.

Segundo relatan os residentes, o home, un xubilado veciño de Poza Real , foi achado sen vida baixo a ponte por outro veciño do barrio ao final da tarde, que alertou de inmediato aos servizos de Emerxencias.

Antes de proceder á recuperación do corpo, os servizos de emerxencia tiveron que esperar a que finalizasen as tarefas de inspección realizadas pola Policía Científica e a médico forense. As causas do falecemento aínda non foron determinadas, e espérase que as investigacións en curso acheguen máis información.

C

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.