Mércores 21, tempo estable

20 Maio 2025

Este mércores os ceos iranse abrindo, dando paso a grandes claros que permitirán unha mellora das condicións meteorolóxicas. Porén, cara á noite agárdase un novo incremento da nubosidade baixa.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, aínda que se poderán rexistrar lixeiros descensos nos valores mínimos subindo lixeiramente as máximas (12 /25 graos).

En canto ao vento, soprará de compoñente norte, frouxo nas primeiras horas do día, pero irá aumentando de intensidade pola tarde, con intervalos fortes no litoral das Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.