Outes énchese de cultura con contacontos, encontros literarios e unha exposición artística única

19 Maio 2025

O Concello de Outes acolle esta semana unha intensa programación cultural que abrangue desde a literatura infantil ata a arte contemporánea, pasando pola reflexión histórica sobre figuras destacadas da comarca.

Post para Instagram Congreso cristiano Moderno Blanco y negro – 6

A primeira das citas terá lugar o martes, 21 de maio, coa presentación do libro infantil “A mançá bravo de Esmolfe e a lagarta Jeremías”. A autora e veciña de Outes, Helena Magalhães, compartirase cun público novo e familiar na Rúa da Capela, 11 (A Serra de Outes), nun encontro que promete ser unha tarde chea de contos e imaxinación a partir das 18:30 horas.

Post para Instagram Congreso cristiano Moderno Blanco y negro – 9

O venres, 24 de maio, o protagonismo será para a memoria e a historia local coa celebración dun café-encontro sobre os irmáns Añón, destacadas figuras da cultura galega. A cita será tamén na Rúa da Capela, 11, a partir das 11:30 horas, e levará por título “Coñecer Outes dende o imaxinado e dende o terrenal”.

Xa o domingo, 25 de maio, ás 12:00 horas, o artista multidisciplinar Pau Garal inaugurará a súa exposición “Contrapunto” nun acto no que non faltarán vermú e petiscos. A mostra propón unha viaxe sensorial a través de collages acompañados de pezas musicais, ofrecendo aos visitantes a posibilidade de experimentar cada obra tamén dende o oído.

As tres actividades están organizadas coa colaboración de entidades como Tremuz – Historia e Patrimonio, ULA e o Concello de Outes, e forman parte dun programa que reafirma o compromiso do municipio coa cultura e a participación cidadá.

Post para Instagram Congreso cristiano Moderno Blanco y negro – 10

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.