A Policía Local de Ribeira fai un chamamento á veciñanza para actualizar os datos dos móbiles no Padrón Municipal

18 Maio 2025

A Policía Local de Ribeira emitiu un comunicado no que fai un chamamento á veciñanza sobre a conveniencia de actualizar os datos do Padrón Municipal de Habitantes, o rexistro administrativo no que figura toda a cidadanía do municipio e no que se inclúe unha serie de datos relevantes como por exemplo o nome e apelidos ou o enderezo, entre outros, que se ben non teñen carácter obrigatorio, “é moi importante ter actualizados, como o número de teléfono de contacto.

Dende a Policía lembran que “na actualidade a telefonía móbil substituíu en gran medida aos teléfonos fixos que tiñamos na casa, porén os números de teléfono que a moitos nos constan no Padrón de Habitantes seguen sendo os dos teléfonos fixos que en moitos casos xa están dados de baixa, ou que non son de utilidade para contactar con nós cando estamos ausentes”. Por estes motivos, engaden, “actualizar o noso número de teléfono de contacto na Oficina Municipal do Padrón de Habitantes pode ser de moita utilidade en determinadas circunstancias nas que é preciso que a Administración contacte con nós con urxencia”. En concreto, os axentes poden precisar contactar cun veciño por diversos motivos, “como algunha emerxencia no noso domicilio, unha intervención co noso vehículo ou con algún membro da unidade familiar”. A Policía, para mellorar a información da que dispón, fai un chamamento á cidadanía para que acuda ao Concello e se asegure de que o número de teléfono está actualizado no Padrón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.