O domingo 18, chega con chuvascos e posibles treboadas pola tarde

17 Maio 2025

Este domingo manterase a tónica de inestabilidade. Pola mañá, agárdanse ceos cubertos con nubosidade media e alta, sen precipitacións destacables. Será pola tarde cando a situación meteorolóxica se complique, coa aparición de chuvascos, nalgúns casos acompañados de tormenta.

As temperaturas mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán ou baixarán levemente, dependendo da zona (15/25) graos. Os ventos do sur soprarán con intensidade moderada, o que pode alterar a sensación térmica ao longo do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.