O CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón gaña un premio internacional de vídeo escolar

16 Maio 2025

O alumnado de 4º de ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) acudiu á gala de entrega dos Premios AÇÃO.11! ao melhor filme de Ficção na categoría Ensino Secundario organizado por AO NORTE en colaboración coa Câmara Municipal de Viana do Castelo, no ámbito dos Encontros / 25.º Festival de Cinema de Viana. A clase recibiu alí en directo e con sorpresa desde o patio de butaca do Teatro Sá de Miranda o anuncio de que o vídeo Que castróns son! fora o gañador traendo para o centro diploma acreditativo e unha cámara de vídeo. O filme de ficción competía con outros once de centros de secundaria, bacharelato e escolas artísticas de Portugal e Galiza. Segundo manifestou o xurado, a creación “foi premiada pola interdisciplinariedade da proposta creativa, pola xenialidade, crítica social, ecoloxismo e todo en clave de humor cun bo acabado”.

O vídeo Que castróns son! elaborouse partindo da proposta do Proxecto de Centro titulado Que Animalada no que se traballou para concienciar á comunidade educativa da importancia dos animais e a relación co Medio Ambiente. A clase premiada elaborou o curso pasado, tendo en conta a programación do centro, un vídeo de creación propia. Partindo dunha canción, 3º de ESO fixo outra versión desde as clases de música conducida polo profesor Xiao Somoza e co guión preparado desde as clases de Plástica Visual e Audiovisual que imparte o profesor Manuel Álvarez, departamentos activos e integrados no Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O traballo resultante, na nosa lingua, foi, como figura nos títulos de crédito, obra de todo o alumnado. Letra, interpretación da música e voces, gravación e edición do vídeo correu a cargo do alumnado que o curso pasado estaba en 3º de ESO.

O traballo premiado participa ademais noutros festivais do audiovisual como Olloboi, no Certamen de Cortometrajes Escolares 2025, 25º Festival Internacional de Cine de Lanzarote, na 10ª edición do Festival Internacional Escolar y Universitario de las Artes Audiovisuales Emove e que aínda non tiveron lugar a decisión dos seus respectivos xurados.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.