Ribeira renovará a rede de abastecemento na rúa da Cerca en Aguiño para mellorar o servizo á veciñanza

15 Maio 2025

O Concello de Ribeira continúa apostando pola mellora das infraestruturas nas parroquias e acaba de adxudicar a renovación da rede de abastecemento de auga na Rúa da Cerca, en Aguiño, unha actuación que responde ás demandas veciñais e á necesidade de modernizar unha infraestrutura deteriorada.

Na actualidade, esta rúa conta cunha rede de abastecemento de fibrocemento, un material obsoleto que provoca constantes roturas e unha presión insuficiente, deixando frecuentemente sen subministración aos fogares da zona. Para solucionar estes problemas, o proxecto contempla a substitución das tubaxes actuais nos dous marxes da rúa por novas conducións de fundición dúctil, con presión nominal de 16 atm e diámetros de 100 e 150 mm, respectivamente.

A intervención foi adxudicada á empresa Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A., cun investimento de 137.432,67 euros no marco do POS+2024 (Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña), e contará cun prazo de execución de 4 meses.

O alcalde Pérez Barral destacou que esta obra forma parte dun conxunto de actuacións previstas na parroquia de Aguiño, entre as que figuran tamén a pavimentación das rúas Luís Seoane e Praia da Ribeira, cun investimento de 186.000 euros, a reforma do Conservatorio de Aguiño (628.226,64 euros) e a construción da sede do club de remo, entre outras melloras.-

Gooogle maps

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.