A Asociación de Empresarios de Ribeira entrega os premios da súa Campaña do Dia da Nai

15 Maio 2025

Na mañá deste xoves 15 de maio Asociación de Empresarios de Ribeira fixo entrega dos premios da campaña especial do Día da Nai convocada os días pasados pola patronal para incentivar as compras nos inicios da primavera e, tamén, recompensar a fidelidade da veciñanza co seu comercio.

O evento estivo presidido polo presidente da Asociación, Francisco Martínez Gude, quen estivo acompañado polo tenente de alcalde, Vicente Mariño de Bricio.

Durante a entrega, ambos os representantes agradeceron publicamente a participación dos clientes e o seu compromiso co comercio de proximidade, destacando a importancia de seguir apostando polos negocios locais como motor económico e social de Ribeira.

Ademais dos 2 vales de compra de Gadis e dunha cea no restaurante Sisal, destacou o premio principal de 1.000 €.

A persoa premiada, unha vez recollido o premio, aproveitou ao instante para gozar dunha mañá de compras polo centro de Ribeira.

Desa maneira, contribuíu directamente cos establecementos da cidade.

“Desde a Asociación de Empresarios de Ribeira agradecemos a acollida desta campaña e xa estamos a traballar en novas iniciativas que fomenten a dinamización comercial do municipio”, sinalaron dende patronal.

A actividade estivo co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.