“Un estudo vincula ao botulismo a enfermidade que mata milleiros de aves mariñas” – Antón Luaces

14 Maio 2025

A desaparición de poboacións de gaivotas levou á comunidade científica a contemplar este feito con desconcerto, ata o estremo de que, na segunda parte do século XX, en zonas costeiras de Galicia, se relacionou esta redución coa proliferación de vertedoiros ao aire libre e mesmo cos descartes pesqueiros. Pero a aceleración na perda de gaivotas dos últimos anos non  podía explicarse só polos cambios na forma de xestionar os residuos e as medidas de control sobre a actividade pesqueira, como informa a redacción de GCiencia, órgano de información da Universidade de Vigo.

 Nun estudo no que participa o Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo,  conclúese que o botulismo é a causa máis probábel da síndrome parético, enfermidade que provoca parálise severa en aves mariñas, especialmente gaivotas.

Durante a pescuda, os resultados das 571 análises practicadas a 377 aves (tanto sas como con síntomas de parálises)  na costa sur de Portugal, evidencian que o 100% das 22 aves enfermas analizadas deron  positivo en neurotoxina botulínica, mentres que ningunha das aves asintomáticas presentaba esta toxina.

A síndrome parético identifícase con síntomas como parálises fláccida das extremidades, dificultade respiratoria (disnea) e diarrea, o que impide que as aves  poidan alimentarse, nadar ou escapar de depredadores.

O Centro de Recuperación de Fauna RIAS atende cada ano numerosas aves con este  cadro clínico, acadando a recuperación de máis da metade, aínda que ata o de agora resultaba descoñeiída a súa orixe.

O botulismo aviario é unha intoxicación causada pola toxina producida pola bacteria Clostridium botulinum -abundante en ambientes acuáticos con altas temperaturas e exceso de materia orgánica (guano). As aves adoitan intoxicarse ao consumir larvas de mosca que se desenvolven en cadáveres en fase de descomposición contaminados pola toxina que produce a bacteria, aínda que no caso concreto das gaivotas non está

claro cal é a vía de exposición á toxina, segundo a directora clínica e investigadora do centro de recuperación de fauna RIAS, María Victoria Mena.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.