Porto do Son adhírese á campaña da Xunta de Galicia para loitar contra a vespa velutina e contará este ano con 107 trampas

14 Maio 2025

O Concello de Porto do Son vén de adherirse á campaña de loita contra a avespa velutina da Xunta de Galicia. Así, o SEAGA comezou a instalación de 107 trampas no municipio sonense, tomando de referencia a localización dos niños en anos anteriores onde se detectaron 203 avisos no ano 2023 e 143 avisos no 2024.

Un dos eixes de este proxecto é o trampeo xeolocalizado, planificado e controlado para combater con máis eficacia este insecto. Este trampeo, que atende a unha das principais demandas do sector, permite facer un seguimento e estudar a evolución cos datos recollidos.

Este plan, coordinado por parte de todos os axentes implicados, leva a cabo un seguimento exhaustivo da evolución das trampas, con revisións cada 15 días para actualizar os datos e repoñer o líquido.

Esta campaña tamén ten integrado outros compoñentes como charlas formativas organizadas co fin de informar sobre a expansión da avespa velutina e trasladar a importancia de elaborar unha fronte común entre toda a sociedade. Nelas explícase como actuar en cada caso e danse indicacións sobre como se está a levar a cabo o trampeo.

O goberno local insta a toda a veciñanza a contactar co Teléfono de Atención e Información á Cidadanía (012) cando se detecte un niño de avespa velutina, co obxectivo de loitar en conxunto contra esta praga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.