O aparcamento municipal de Boiro reduce o horario e vólvese de balde

30 Marzo 2020

O Concello de Boiro vén de anunciar unha redución do horario do aparcamento municipal, que estará só aberto polas mañás e que, ademais, terá as barreiras levantadas, polo será de balde para as veciñas e veciños. Con esta medida, o Goberno local quere seguir dando servizo aos usuarios da Praza de Abastos, ao tempo que se reduce racionalmente a actividade do estacionamento.

En definitiva, o aparcamento municipal estará aberto de luns a xoves, e tamén os sábados, de 7.00 a 15.00 horas e os venres de 7.00 a 21.30 horas, coincidindo cos horarios do Mercado Municipal. A medida adoptouse logo de que o Goberno central decidise dar un novo paso nas restricións motivadas pola pandemia de COVID-19 e o estado de alarma, unha iniciativa que levou a reducir os sectores e empregos que fornecen de servizos á sociedade. “Con esta medida o que se pretende é que os usuarios/as non precisen manipular as maquinas de cobro, posto que as barreiras estarán levantadas”, explicouse.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...