“Conservatorio de Lugo” – Xulio Xiz

14 Maio 2025

Acudín a un sinal de vida no Auditorio grande de Lugo, ese que é homenaxe permanente a Xesús Mato e aos mozos que en Mondoñedo entraron na gloria da música, e desfrutei do concerto da actual fornada do Conservatorio de Música lucense,, que se permite ter tres bandas: pequenos (12-14), mozos (14-16), e maiores (ata 18), que deron tal lección de veteranía, profesionalidade e goce musical que aos asistentes – se non estivésemos previamente preparados – nos asombraría o espectáculo.

Como en momentos así me da por cavilar en futuros posibles, pensei no paradoxo de que o Conservatorio teña tres bandas de música e o concello ningunha; que as colleitas do centro permitirían recibir anualmente sangue fresca para renovar o lento sistema circulatorio da nosa banda convalecente; que os que demostrasen ser o máis capaces dos graduados cada ano no grado profesional, conseguida a maioría de idade na música e na vida, serían o maior aporte da sociedade lucense para unha banda que é historia de Lugo, e esta agardando atopar uns ollos coma os do Guadiana para que a música flúa de novo.

Vexo o entusiasmo que o Conservatorio – co director, Borja, á fronte – pon en conseguir que o milagre da música entusiasme aos rapaces – e o interese que Tareixa e Arrojo poñen no seu traballo público, confeso o meu desconcerto porque aínda non saltase unha chispa que incendiase conservatorio e concello nun lume común que a todos nos quente.

Tampouco soño imposibles, que se fai falla un exemplo non hai máis ca mirar cara a “Sons e soños”, o único exemplo que coñezo de I. N. – intelixencia natural- para facer milagres sen ter que ser bautizados nas augas do Xordán.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.