O Concello de Lousame abre inscricións no obradoiro creativo “Debuxando caras”, que Silvia Rábade impartirá o venres 16 de maio

12 Maio 2025

O Concello de Lousame vén de abrir inscricións no obradoiro creativo Debuxando caras, que a artista Silvia Rábade impartirá este venres 16 de maio, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura. Un espectáculo de 90 minutos de duración e dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos de idade.

Neste obradoiro, como reza no seu título, a rapazada dedicarase a debuxar caras, algo que parece máis complicado do que realmente é. Así, Silvia Rábade ensinaralles aos pequenos a facer debuxos de caras simplificadas con diferentes estilos. A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que é preciso anotarse en bandoticket.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.