Luns 12, pasado por auga, con chuvias xeneralizadas e vento do suroeste

11 Maio 2025

Agárdase unha xornada marcada por precipitacións xeneralizadas, que poderán ser localmente intensas e se irán desprazando de oeste a leste ao longo do día.

Segundo a previsión meteorolóxica, as chuvias comezarán nas primeiras horas da mañá e tenderán a remitir cara á noite. As temperaturas non experimentarán cambios significativos respecto aos días anteriores.

En canto ao vento, soprará do sur-suroeste con intensidade moderada no litoral, pero irá rolando a oeste-noroeste durante a tarde, coincidindo coa retirada progresiva das precipitacións.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.