A Xunta investirá 30.000 euros no control do visón americano no Parque Natural de Corrubedo

11 Maio 2025

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, vén de adxudicar por preto de 30.000 euros un contrato para levar a cabo accións de control sobre o visón americano (Neovison vison) no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Esta especie, incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras, representa unha ameaza para a biodiversidade autóctona, especialmente pola súa incidencia como depredador dos niños e polos da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), unha ave en perigo de desaparición nos areais galegos.

A medida forma parte do proxecto Iberalex (“Xestión sostible de praias e humidais ibéricos”), que busca compatibilizar os usos humanos coas necesidades de conservación da píllara das dunas, e está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do programa EP-Interreg VA España-Portugal (Poctep) 2021-2027.

Os traballos, que se desenvolverán entre este ano e o próximo, consistirán na colocación de gaiolas-trampa sobre plataformas flotantes para capturar de forma selectiva exemplares de visón americano. Esta técnica, segundo fontes da Consellería de Medio Ambiente, demostrou unha alta eficacia en proxectos previos e converteuse na ferramenta principal para o control desta especie invasora.

Con esta iniciativa, a Xunta busca mellorar o estado de conservación da píllara das dunas e do ecosistema no que habita, nun espazo natural de alto valor ecolóxico e dentro dunha estratexia máis ampla de xestión sustentable das zonas costeiras e húmidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...