CONGALSA doa 9.000 euros recadados na IX Andaina Solidaria a tres organizacións sociais do Barbanza

09 Maio 2025

CONGALSA, empresa da Pobra do Caramiñal especializada na elaboración de produtos do mar conxelados, recadou un total de 9.000 € euros na última edición da súa Andaina Solidaria, unha iniciativa que acadou a súa novena edición o pasado mes de abril. A compañía confirmou que a cantidade obtida será destinada integramente destinada a apoiar o labor de tres organizacións sociais da contorna máis próxima da compañía (O Barbanza), que traballan día a día con colectivos en situación de vulnerabilidade.

As entidades beneficiarias da recadación son Cáritas de Ribeira, Cáritas da Pobra e ICE Renovación, elixidas pola compañía co obxectivo de contribuír directamente a proxectos que xeran un impacto positivo na comarca.

En total, foron preto de 300 persoas as que participaron nesta novena edición da Andaina Solidaria, sumándose á causa ben a través da camiñada presencial, celebrada o pasado 6 de abril, ben mediante a modalidade virtual ou adquirindo o dorsal cero, de carácter solidario. Este ano, a dirección de CONGALSA volveu apostar por unha fórmula que premia o esforzo colectivo, convertendo en euros os quilómetros realizados e multiplicándoos por tres para alcanzar a cifra final da doazón

“Para nós esta iniciativa é moito máis que unha acción solidaria: é unha forma de devolver á sociedade parte do que recibimos como empresa e de apoiar as persoas que máis o necesitan», explicou Laura Vergara, xefa de Desenvolvemento de Persoas de CONGALSA, engadindo que “estamos moi agradecidos pola gran participación e polo compromiso de todas as persoas que se sumaron, tanto do equipo de CONGALSA como das entidades coas que colaboramos habitualmente. Grazas á súa implicación, un ano máis conseguimos entre todos que esta Andaina Solidaria sexa un éxito”.

A Andaina Solidaria consolidouse como unha das accións máis representativas do programa de Responsabilidade Social Corporativa de CONGALSA, que ten entre os seus principais obxectivos o impulso de proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos colectivos máis vulnerábeis da súa contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...